siguiente
anterior
87 Pág. Escritores Silvia Fernández Naveiro

 

Mírasme, esperando algo de min,
pero eu non sei,
non son,
non ESPERO,
non argallo,
non pertenzo
ó Mundo (teu).

Soñas, sempre, este momento,
pero ti estás tan lonxe,
a un metro do meu corpo,
espido, ante ti.

 

***************

Cuspe estéril

Frear a espera,
chegar ó comezo,
morrer porque non morres,
sair da voracidade,
da sociedade que te oprime.

Porque eu non quero SOMETERME,
só escupir o que sinto,
escupirche,
roer os arames,
soltar os meus soños,
pensamentos
por un prado seco estéril
onde todo está atado,
todo é dunha mesma cor,
uniforme sempre,
en todos os sentidos,
MEDIOCRE.